Borja Quizactiра]ntiCc L d Ey50
| Borja Quiza | |
|---|---|
Borja Quiza en 2013. | |
| Nacemento | 1982 |
| Orixe | Ladrido, Ortigueira |
| Ocupación | Cantante |
| Xénero | Ópera |
| Instrumento(s) | Voz |
| Tipo de voz | Barítono |
| Na rede | |
| www.borjaquiza.com | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Borja Quiza, nado en Ladrido (Ortigueira) en 1982, é un tirador de esgrima e barítono galego.
Índice
- 1 Traxectoria
- 2 Vida persoal
- 3 Notas
- 4 Véxase tamén
- 4.1 Ligazóns externas
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que nado en Ortigueira trasladouse á Coruña onde se licenciou en Informática na Universidade coruñesa. Alí tamén empezou a cantar de xeito afeccionado, primeiro no coro municipal da cidade, logo na coral Follas Novas e posteriormente no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Practicante de esgrima, foi subampión de España júnior de florete.
A partir de aí dá o salto ao eido profesional como intérprete tanto de ópera como de zarzuela. Ten interpretado importantes papeis protagonistas, coma o Fígaro do Il Barbiere de Siviglia, Guglielmo de Così fan tutte o Papageno da Die Zauberflöte ou Marcello de La Bohème. En 2009 gañou o premio español Ópera Actual como o mellor cantante lírico daquel ano e en 2010 o Premio Lírico Teatro Campoamor de Oviedo como mellor intérprete de zarzuela. Na tempada 2011/12 foi o 8º no ránking galego na modalidade de florete [1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado e ten dúas fillas. Vive na Coruña.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.fgesgrima.com/p/ranking.php
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial (en castelán) (en inglés) (en italiano) (en alemán)
|