Partido dos Traballadores (Brasil) FT L ZzL FAaO l9o UufO Ww e fNn 124 C BaSs J
| Partido dos Trabalhadores | |
|---|---|
| Partido político de Brasil | |
| Dirixentes e organización | |
| Líder | Ricardo Berzoini (Presidente) |
| Mocidades | Juventude do Partidos dos Trabalhadores |
| Historia | |
| Fundación | 10 de febreiro de 1980 |
| Posicións políticas | |
| Ideoloxía | Socialismo democrático, socialdemocracia |
| Outros datos | |
| Sede | Avenida Silveira Martins, 132 Centro, São Paulo, Brasil |
| Páxina web | www.pt.org.br |
O Partido dos Trabalhadores ou PT, é un partido político de esquerda brasileiro. Un dos máis importantes do país, representante máis destacado da oposicións dos gobernos despois da restauración da democracia nos anos oitenta do século XX.
O PT saíu do sindicalismo espontáneo de obreiros de São Paulo de finais dos anos setenta. Dende a súa fundación, representa a defensa do socialismo como forma de organización social. O seu máximo líder Luiz Inácio Lula da Silva, conseguiu a presidencia de Brasil no 2003, despois dun ascenso debido ao descrédito dos partidos de centro e de dereita e ao seu programa de esquerda moderada. No 2005, sufriu un duro golpe, onde varios membros do partido foron acusados de corrupción: o escándalo das mensualidades. Lula foi reelixido e detentou a presidencia do Brasil até o 31 de decembro do 2010. Tras a presidencia de Lula foi escolleita presidenta do país a tamén membro do PT Dilma Rousseff que ostentou o cargo até a súa destitución polo procedemento de impeachment en agosto de 2016. Na actualidade o PT é o principal partido da oposición ao goberno conservador de Michel Temer.
Índice
- 1 Véxase tamén
- 1.1 Bibliografía
- 1.2 Outros artigos
- 1.3 Ligazóns externas
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- MENEGOZZO, Carlos Henrique Metidieri; KAREPOVS, Dainis; MACIEL, Aline Fernanda; SILVA, Patrícia Rodrigues da; CESAR, Rodrigo. Partido dos Trabalhadores: bibliografia comentada (1978-2002). San Paulo: Editora Fundação Perseu Abramo, 2013. 413 p.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Luiz Inácio Lula da Silva
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Partido dos Trabalhadores (en portugués)
|